Atlantikwall Arquitecturas bélicas en las playas del oeste

/

Con auténtica vocación paneuropea, o xigantesco proxecto do Atlantikwall alemán deu lugar entre 1941 e 1944 á construcción de máis de 15.000 estruturas de formigón ao longo do litoral occidental. Baterías, búnkers e outras instalacións militares impuxeron unha peculiar configuración á costa, instrumentalizándoa para sometela a funcións de vixilancia e defensa. Despoxados desa misión militar, hoxe son moitos os vestixios do muro que poden ser avistados ao longo do litoral, principalmente en praias de Francia, Holanda, Dinamarca e Noruega. A presenza destas construccións, rotunda e inevitable, segue impoñendo unha pegada histórica de escala inmensa na súa contorna inmediata. Porén, esa permanencia non resulta inmune ao paso do tempo, e a súa natureza non subsiste con carácter inalterable. Moi ao contrario, os elementos integrantes desta xeografía de formigón atópanse sometidos a un proceso de cambio constante, tanto na súa configuración como na súa relación coa contorna concreta.

A exposición Atlantikwall. Arquitecturas bélicas en las playas del Oeste propón unha exploración das identidades do Muro Atlántico achegándoas á escala do tempo presente a través de 46 fotografías de gran formato realizadas polos artistas José Froján e María Fernández. Transcorridos máis de 60 años desde a súa construcción, a instalación defensiva, o xeito no que se manifesta e relaciona coa súa contorna máis inmediata, ten evolucionado. O resultado desa evolución protagoniza as imaxes presentes nesta mostra que poderá visitarse ata o mes de xullo na Fundación Luis Seoane.

Artistas: María Fernández e José Froján

Exposicións actuais

Lois Patiño. Marea
/
Exposición
Victoria Gil. Coser el río
/
Exposición