Arte y solidaridad. Los artistas españoles y el cartelismo sociopolítico

/
Comisarios José Gómez Alén (Fundación 10 de Marzo)

A presente exposición reúne unha selección de carteis pertencentes á colección dos arquivos históricos de CC.OO, na súa maioría realizados na segunda metade do século XX por destacados artistas, cuxo traballo plástico serviu como contribución á restauración dos principios democráticos en España. O conxunto de obras presentes na mostra serve de reflexo tanto dos movementos artísticos que estaban en auxe naquel momento, como o Surrealismo, o Informalismo ou o Pop Art, entre outros, como do grao de compromiso social dos artistas coas aspiracións democráticas da sociedade española, nunha montaxe dividida en catro apartados temáticos diferentes: pacifismo e solidariedade, liberdade e democracia, sindicalismo e conflito social e, por último, cultura democrática.

Artistas: Cristóbal Aguilar, Rafael Alberti, Ángel Aragonés, Eduardo Arroyo, Joan Brossa, Armando Cardona, Manuel Calvo, Joan Castejón, Xosé Conde Corbal, José Luis de Dios, Isaac Díaz Pardo, Roberto Díaz de Orosia, Pedro Díez, Juan Genovés, Josep Guinovart, Jaime Herrero, Agustín Ibarrola, José Ibarrola Joan Miró, José Ortega, Pablo Picasso, Xaime Quessada, Mercedes Rubial, Antonioi Saura, Enric Satué, Luis Seoane, Antoni Tàpies, Rafael Solbes, Manuel Valdeés e Equipo Crónica

Exposicións actuais

A táctica do colibrí
Activismos educativos na defensa dos dereitos humanos
/
Exposición