A exposición Arte e guerra. Geishas e samuráis no antigo Xapón ofrece un panorama completo sobre a vida xaponesa do século XIX a través dun conxunto de pezas significativas como os gravados ukiyo-e ou estampas do mundo flotante, fotografías de época, armaduras e kimonos tradicionais e unha serie de obxectos diversos, xunto cun apartado dedicado á Gran ola de Kanagawa de Katsushika Hokusai, quizais a representación máis célebre deste periodo. En total, máis de cen obras seleccionadas polo comisario da mostra, Ferrán López Alagarda, agrupadas en seis seccións: Teatro, Geisha, Shunga. As imaxes de primavera; Netsuke, kakemono e fotografías de época; Cultura de Guerra e Samuráis.
Arte e guerra. Geishas e samuráis no antigo Xapón ofrece a oportunidade de achegarse aos orixes dunha das principais influencias no desenvolvemento das novas tendencias que aparecerían na arte occidental a partir da segunda metade do século XIX como o impresionismo, o movemento nabi ou a Secesión Vienesa, entre outros, especialmente tras a celebración das Exposicións Universais de Londres e París a principios da década dos sesenta nas que a cultura xaponesa entusiasmou aos asistentes.
A mostra, producida pola Fundación Luis Seoane co apoio do Concello da Coruña, Evolucionarte Gestión Cultural e Lóval Antigüedades, poderá visitarse ata o 7 de setembro.
Para descargar a nota de prensa, premer aquí
Próximas visitas guiadas á exposición (acceso libre ata completar capacidade. Prazas limitadas):
Domingo 13 de xullo 12:00 horas
Domingo 3 de agosto 12:00 horas
Domingo 10 de agosto 12:00 horas
Visitas guiadas con Ferrán López Alagarda, comisario da exposición
Venres 5 de setembro 19:30 horas
Sábado 6 de setembro 12:00 horas
Domingo 7 de setembro 12:00 horas