A presenza do traballo de Angela de la Cruz na Fundación Luís Seoane responde á necesidade de acoller a súa obra nunha institución da súa cidade natal, ademáis de constituir un auténtico acontecemento cultural no noso país e no contexto internacional da arte contemporánea. Angela de la Cruz. Escombros reúne dezaseis obras realizadas pola artista entre os anos 2009 e 2014, entre as que se inclúen pezas xamáis expostas en España, dentro dun proxecto expositivo comisariado por Carolina Grau, concibido en exclusiva para as salas da Fundación Luis Seoane. Precisamente, o título da exposición, Escombros (entullos), provén dunha obra inédita no noso país, Debris (2012), coa que a artista fai referencia ao lixo e os restos que flotan nos océanos, que terminan nas orelas do mar, estreitamente relacionada coas catástrofes naturais, un dos temas recorrentes na súa obra, e máis específicamente, co impacto que lle causou o tsunami que asolou as costas de Tailandia en decembro de 2004, e as imaxes dos detritos e anacos consecuencia da desolación posterior á catástrofe. Tanto en Debris como nas demáis obras que forman parte da exposición, faise evidente a presenza da linguaxe que De la Cruz emprega para afondar nas relacións entre pintura e escultura, grazas á estreita relación entre o tratamento dos elementos que compoñen as pezas e os seus títulos, e á importancia que a artista concede ao uso da cor. Escombros reúne pezas realizadas en dúas cores exclusivamente, branca e marrón, un recurso grazas ao que De la Cruz establece unha comunicación moi especial coa arquitectura da Fundación Luis Seoane e o seu emprezamento, así como coa idea central da exposición, con eses obxectos que xurden transformados na auga estancada, na lama, tras o desastre.
Angela de la Cruz. Escombros
/
Comisarios
Carolina Grau
Coordinación
Susana González (Consultarte)