A Roiba Construír fronte ao mar coas mans

/
Comisarios Álvaro López González Mallo, Nuria Prieto

A Semana da Arquitectura regresa á Fundación Luis Seoane que, unha vez máis, será unha das sedes que acollerán esta iniciativa que terá lugar entre os días 3 e 7 de outubro en distintos espazos da cidade. Con motivo da celebración do centenario do nacemento do arquitecto coruñés Ramón Vázquez Molezún, a Semana da Arquitectura levará a cabo unha programación que incluirá exposicións, faladoiros, visitas e roteiros guiados e unha mesa redonda.

A partir do 4 de outubro, a Fundación Luis Seoane acollerá a exposición A Roiba. Construír fronte ao mar coas mans, un proxecto comisariado polos arquitectos Álvaro López González Mallo e Nuria Prieto ao redor da Roiba, a residencia veraniega que Ramón Vázquez Molezún deseñou a finais dos anos sesenta na localidade pontevedresa de Bueu para él e a súa familia.

A Roiba, que toma o seu nome das antigas instalacións da desaparecida fábrica de salgadura na que está situada, é unha das obras máis coñecidas de Molezún, figura chave da arquitectura de posguerra no noso país. A natureza experimental e innovadora da construción, a súa integración na paisaxe, así como a súa versatilidade son algunhas das características desta vivenda, que a partir do ano 2001 comeza a padecer unha deterioración severa a consecuencia das obras de transformación do porto da localidade.

En 2014 nace Re-Construye La Roiba co obxectivo de preservar este edificio singular. A través dunha iniciativa de crowfunding, este colectivo integrado por arquitectos madrileños e locais logra levar a cabo unha rehabilitación que reforzaría e reconstruíria os elementos danados polo paso do tempo e a erosión, un traballo recollido nesta exposición que busca achegar ao público as diferentes etapas deste proceso.

ACTIVIDADES
Os días 5 e 6 de outubro terán lugar os segundos Faladoiros da Roiba, titulados Patrimonio ao límite. O mércores, ás 19:30 horas, o arquitecto José Salgado e o enxeñeiro de materiais Borja Jiménez protagonizarán a primeira das charlas abertas ao público, e o xoves será a quenda do pintor e fotógrafo Juan de la Sota, que intervirá a través de vídeo, e do arquitecto Mauro Lomba.

Exposicións actuais

Victoria Gil. Coser el río
/
Exposición