13 estampas de traizón. 80 anos da súa publicación. Fundación Laxeiro

/
Fundación Laxeiro
Comisarios Silvia Longueira, Mª Antonia Pérez

Entre os meses de outubro de 2017 e abril de 2018, a Fundación Luis Seoane acolleu a exposición Trece estampas da traizón. 80 anos da publicación, un proxecto cuxo obxectivo era conmemorar e contextualizar a publicación do primeiro álbum de debuxos realizado por Luis Seoane, unha obra coa que o artista denunciaba aos responsables do golpe de estado de 1936 e as consecuencias da guerra na poboación civil. O álbum editouse en 1937, sendo unha das publicacións promovidas polo goberno da República con motivo da súa campaña de propaganda no extranxeiro.

Agora, a mostra trasládase á Fundación Laxeiro de Vigo como parte dunha liña de colaboración entre ambas institucións, que culminará a finais do presente ano na Fundación Luis Seoane coa inauguración dunha exposición de debuxos de Luis Seoane e Laxeiro do período comprendido entre os anos 1930 e 1950. Comisariada por Silvia Longueira, directora da Fundación Luis Seoane, e pola profesora da UDC Mª Antonia Pérez, a mostra repasa as circunstancias históricas e persoais nas que se xestou o álbum, desde a influencia das Vangardas Históricas nun Seoane novo, grazas á unha escollida selección bibliográfica pertencente á biblioteca persoal do artista, cedida para a ocasión pola Real Academia Galega; ata a pegada que a guerra deixou na obra de creadores galegos como Castelao ou Manuel Colmeiro, todo iso acompañado dunha extensa selección documental -revistas, artigos de opinión, libros e folletos de propaganda política- na que destacan poemarios como Aviones de Arturo Cuadrado, publicado o mesmo ano que o álbum de Seoane; A gaita a falare. Lembrazas e maldicións e Poemas de Ramón Rei Baltar, editado en 1939, entre outros. A exposición complétase cunha peza audiovisual realizada polo artita Juan Martínez de la Colina baseada nos debuxos orixinais de Luis Seoane, que se proxectará en sala como parte da mostra.

13 estampas da traizón estará en la Fundación Laxeiro ata abril de 2019.

Exposicións actuais

Lois Patiño. Marea
/
Exposición
Victoria Gil. Coser el río
/
Exposición