Visitas guiadas Ciclos formativos, adultos e colectivos con diversidade funcional

/

Reserva previa. Recomendamos un máximo de 30 participantes. Duración máxima 60 min.

Exposicións temporais
Cada exposición temporal disporá da súa propia visita comentada, na que o educador explicará os contidos da mostra e dotará de sentido e significado os conceptos e propostas desenvolvidas nela, adaptándose sempre ás características e intereses específicos de cada grupo. Todo isto cun marcado carácter lúdico e participativo.

Visitas arquitectónicas
Visitas guiadas ao edificio da Fundación Luis Seoane, deseñado polo arquitectos Juan Creus e Covadonga Carrasco. Falaremos sobre a adaptación do edificio preexistente, o Cuartel de Macanaz, a unha arquitectura de museo, sede da Fundación. Analizaremos ademais as súas características formais e funcionais, facendo fincapé na valoración da súa versatilidade para adaptarse ás diversas actividades e propostas culturais que se desenvolven nel.

Arte en Acción. Visitas destinadas a colectivos con diversidade funcional
As actividades adaptaranse ás características específicas de cada grupo, dentro das posibilidades creativas que ofrece o programa didáctico da exposición.