Unidade didáctica: Prestige

Unidade didáctica: Prestige é un espazo de reflexión e creación desenvolvido polo fotógrafo Julián Barón ao redor do seu proxecto O Desengano. Trátase dun obradoiro de 3 horas de duración dirixido a escolares que queiran reflexionar e experimentar com imaxes do desastre do Prestige, vinte anos despois de que tivera lugar.

A estrutura básica desta experiencia colaborativa é un conxunto de actividades didácticas que tomarán como principal referencia unha serie de accións artísticas que o fotógrafo Julián Barón realizará durante o me de novembro no marco da sexta edición do FFoco Festival de Fotografía da Coruña. Tentarase crear un diálogo entre as imaxes do artista e os relatos e representacións que se teñen elaborado ao longo deste últimos anos acerca do desastre do Prestige.

Unidade didáctica: Prestige é un proxecto dunha duración total de tres horas estruturado en dous módulos: Topos: espazo, lugar, ubicación (1 hora) e Tempo, historia e memoria (2 horas).

No primeiro, presentaranse os contidos e exercicios a desenvolver no conxunto da unidade didáctica, e no segundo, formularase un percorrido pola historia visual do desastre do Prestige. Este proceso realizarase a través de diversos traballos de fotógrafos como Allan Sekula, Manolo Sendón, Xurxo Lobato e outros; e a introdución dun exercicio aberto de creación (fanzine, collage, etc.) con imaxes e textos extraídos da prensa diaria.

Os docentes:

Julián Barón (Castellón de la Plana, 1978) é un fotógrafo, docente e impulsor de proxectos que usan a imaxe como ferramenta social de pensamento. Entre 2008 e 2015 foi profesor de proxectos fotográficos en Blank Paper Escuela Online, València e Castelló. No seu traballo desenvolve perspectivas que cuestionan os discursos oficiais que constrúen a memoria, a historia e a identidade mediante a imaxe.

Xosé Lois Gutiérrez Faílde (Lalín, Pontevedra, 1976)

Licenciado en Historia da Arte, a súa actividade abrangue distintos eidos: a fotografía, a escritura e o ensino. Crítico de arte e autor de textos para outros artistas, Xosé Lois Gutiérrez incorpora na súa actividade docente procedementos didácticos vinculados á fotografía, á arte e á cultura visual.