Reserva previa. Recomendamos un máximo de 30 participantes. Duración máxima 60 min.
En 1959 Luis Seoane realiza a súa primeira vidreira, na que o seu carácter creativo e innovador lévalle a experimentar con novos materiais, substituíndo o chumbo por soldadura plástica e utilizando resinas sintéticas tinguidas com pigmentos.
Conscientes de que os escolares xa pintaron con todo tipo de utensilios (lápis, ceras, acuarela, témpera, etc), inspirámonos nas técnicas creativas de Luís Seoane, na súa aposta pola integración das artes, polos seus murais, polo uso de formas modulares intercambiables e o seu fondo desexo de experimentación e xogo, para deseñar unha actividade na que “pintaremos” unha gran vidreira mural combinando as tres cores primarias, pero sen utilizar pintura. Como podemos pintar sen pintura? Pois mediante plásticos tintados coas cores primarias que, ao sobrepoñerse mestúranse coma se fosen pintura, recintura, recortados nun abano infinito de formas, tanto xeométricas como biomorfas, adheridos con auga a unha gran ventá. Unha técnica que une soporte mural e vidreira, pintura e collage, ciencia e arte.