Sol e Cardos Campamento de verán

/

O mundo da edición e a creatividade serán os eixos da nova edición de Sol y Cardos, os campamentos de verán da Fundación Luis Seoane dirixidos a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos. Seguindo o esquema da actividade online Laboratorio Escóitasme?, que se baseaba na obra e a figura de Luis Seoane, en cada xornada proporáse aos participanes un reto sobre o que terán que realizar un traballo que, posteriormente, porán en común xunto ao resto dos seus compañeiros. A didáctica será impartida polo equipo do Sistema Lupo en colaboración co creador Tono Galán, relacionando arquitectura, deseño, edición e experiencia artística. En paralelo á actividade, desenvolverase un obradoiro de edición e encadernación que finalizará coa presentación do catálogo da exposición Escóitasme?, que tivo lugar na Fundación Luis Seoane entre setembro de 2020 e marzo de 2021.

Sol y Cardos terá lugar do 21 de xuño ao 23 de xullo en cinco quendas diferentes de 16 participantes, de 10:00 a 14:00 horas. Neste link pode descargarse a ficha de inscrición:

Ficha_inscrición.pdf