Sol e cardos. Obradoiro infantil de arquitectura

/
Enderezo Fermín Blanco

Sol e cardos é unha proposta didáctica dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos a través da que coñecerán aspectos básicos da arquitectura, o deseño e as artes visuais. Ao longo de dez sesións, que se desenvolverán de luns a venres entre o 1 e o 12 de xullo, en horario de 10:00 a 14:00 horas, os participantes experimentarán con conceptos como a escala ou a xeometría e coñecerán os fundamentos de sistemas como a bioconstrución, entre outras materias, nunha actividade orientada a estimular a creatividade dos máis pequenos a través do traballo en equipo.

Para participar, é necesario formalizar a matrícula correspondente, descargable a través do enlace seguinte:

Folla_inscrición.pdf