Seoane expandido é un xogo no que crearemos esculturas baseadas na estética e o grafismo característicos da obra de Luis Seoane empregando pezas tridimensionais de madeira maciza de cerdeira inspiradas nas “cabezas” do artista, un motivo recorrente na súa produción do que se inclúen varios exemplos na exposición Seoane reencontrado. Óleos 1945-1977. Os participantes, divididos por equipos, serviránse de cartolinas de cores que posteriormente rotularán en negro para transformar as pezas. Para isto contarán con total liberdade creativa, puidendo mesmo exceder os límites das “cabezas” co obxectivo de plasmar a súa propia interpretación do universo de Seoane.
Reserva previa. Máximo 30 participantes. Duración: 60 minutos