Obradoiro Mini (S8). A imaxe expandida Laboratorio de cine y experimentación visual

/

Destinado a un público infantil de idades comprendidas entre os 7 e os 12 anos, o Mini (S8) ofrece aos máis pequenos dúas sesións de experimentación e creación percorrendo de maneira práctica e divertida unha serie de elementos chave na linguaxe do audiovisual. A través de aparellos de proxección analóxicos e dixitais e coa axuda de lentes, lupas e lanternas, os participantes crearán os seus propios contidos audiovisuais empregando recortes a xeito de fotogramas para posteriormente animalos, xogando coa luz e con todo tipo de obxectos, animados e inanimados. Todo o proceso será rexistrado con dispositivos de gravación de video dixital e proxectado para avanzar así na propia elaboración de novas linguaxes e narrativas audiovisuais.

Os xoguetes do precinema, a cronofotografía, os experimentos de Muybridge e Marey, o cinema primitivo de Alice Guy, a obra dos irmáns Lumière e de Georges Méliès, a maxia da montaxe a través do traballo de Lev Kuleshov e de Alfred Hitchcock, a asociación de imaxes e a chegada do sonoro son algúns dos temas que se tratarán neste obradoiro conducido pola cineasta Xisela Franco e o artista visual Juanma Lodo, no que se utilizará tecnoloxía cibernética e dixital e no que se alterarán distintos tipos de software coa fin de que o computador se convirta en catalizador das imaxes, sons e sensacións dos participantes.

O Obradoiro Mini (S8) terá lugar na Fundación Luis Seoane o sábado 27 de maio de 11 a 14 horas e o domingo 28 de maio de 12 a 14 horas. O prezo da inscrición é de 10 euros, e os interesados teñen que dirixirse ao enderezo de correo electrónico seguinte: info@s8cinema.com, indicando no asunto da mensaxe Obradoiro Mini (S8). Prazas limitadas.