Nenoarquitectura – Segundo trimestre

/
Dirección Fermín Blanco

A obra e as ideas de Le Corbusier, Leonardo da Vinci, Christo e Jeanne Claude, Vitruvio, Brancusi e Arno Stern estarán presentes no segundo trimestre de Nenoarquitectura, os obradoiros infantís de arquitectura e artes plásticas da Fundación Luis Seoane. Nesta ocasión, os artistas convidados á actividade serán o cineasta Lois Patiño e a bailarina Victoria Gil, que impartirán dúas sesións colectivas aos participantes dos tres grupos nos que se divide esta proposta.

A arquitectura no cine, o collage, a tinta chinesa, como será a cidade do futuro, as simetrías ou a arqueoastronomía e moitas outras cuestións formarán parte desta nova entrega que, unha vez máis, terá a creatividade como protagonista.

O custe da matrícula é de 50 euros, aplicándose un desconto do 10% para grupos de irmáns. As follas de inscrición poden descargarse a través dos enlaces seguintes:

Tropeza_4_5_anos

Empeza_6_10_anos

Escoitasme_11_14_anos