Co inicio do novo curso escolar, Nenoarquitectura regresa á Fundación Luis Seoane cunha serie de actividades adaptadas a tres grupos de idades diferentes: 4-5 anos, 6-10 anos e 11-14 anos. Neste primeiro trimestre, os obradoiros dirixidos por Fermín Blanco achegarán aos máis pequenos os segredos da arquitectura do Antigo Exipto e da arquitectura imperial do Xapón, o deseño da escola da Bauhaus, as estruturas arquitectónicas, as ilusións ópticas e mesmo a creación dun laboratorio de cine, entre outros temas. Desde o 30 de setembro ata o 16 de decembro, os participantes de Nenoarquitectura mergullaranse todos os sábados entre 11:30 e 14:00 horas nesta proposta didáctica concibida para estimular a súa creatividade.
O custe da matrícula é de 50 euros, aplicándose un desconto do 10% para grupos de irmáns. As follas de inscrición poden descargarse a través dos enlaces seguintes: