Nenoarquitectura. Obradoiros infantís de arquitectura [prazas esgotadas] Terceiro trimestre

/
Coordinación Fermín Blanco

Nenoarquitectura, os obradoiros infantís de arquitectura coordinados polo arquitecto Fermín Blanco, celebrarán entre os meses de abril e xuño na Fundación Luis Seoane o seu terceiro e último trimestre cunha programación enfocada a nenos e nenas de entre 5 e 15 anos centrada na arquitectura, o urbanismo e a arte. Divididas por idades, as actividades de Tropeza (5-7 anos), Empeza (8-11 anos) e Despeza (12-15 anos) abordarán cuestións relacionadas co Laboratorio de Formas, as arquitecturas do mundo, a integración das artes, o traballo do arquitecto Yona Friedman e a obra dos artistas Christo e Jeanne, entre outras.

Todos os obradoiros terán un límite de dez prazas. O custe da matrícula é de 40 euros, aplicándose un desconto do 10% para grupos de irmáns. As follas de inscrición poden descargarse a través dos enlaces seguintes:

Tropeza_(5-7 anos)

Empeza_(8-11 anos)

Despeza_(12-15 anos)