Nenoarquitectura. Obradoiro infantil de arquitectura. Terceiro trimestre

/
Coordinación Fermín Blanco

O último trimestre dos obradoiros infantís de Nenoarquitectura impartiráse entre os meses de marzo e xuño de 2020, cunha serie de actividades que, unha vez máis, achegarán aos máis pequenos os segredos da arquitectura e o urbanismo da man do Sistema de Construción Lupo. Coordinados polo arquitecto Fermín Blanco, os obradoiros desenvolveránse en dez sesións que terán lugar os sábados en horario de 11:30 a 14:00, estruturados en tres grupos diferentes divididos por idades – Tropeza (4-5 anos), Empeza (6-9 anos) e Despeza (10-12 anos). O traballo do Laboratorio de Formas, a relación entre arte e industria, como ler un plano e o análise da obra de grandes figuras da arquitectura como Louis Kahn ou Anne Tyng son algúns dos temas que se abordarán nesta nova edición de Nenoarquitectura na que, unha vez máis, a creatividade será a protagonista.

O custe da matrícula é de 40 euros, aplicándose un desconto do 10% para grupos de irmáns. As follas de inscrición poden descargarse a través dos enlaces seguintes:

Tropeza_4_5_anos

Empeza_6_9_anos

Despeza_10_12_anos