Nenoarquitectura Obradoiro infantil de arquitectura. Primeiro trimestre

/
Coordinación Fermín Blanco

Coincidindo co inicio do novo curso, a Fundación Luis Seoane acollerá unha nova edición de Nenoarquitectura, a actividade didáctica que, unha vez máis, achegará aos máis pequenos os segredos da arquitectura, o deseño e o urbanismo da man do Sistema de Construción Lupo. Coordinados polo arquitecto Fermín Blanco, os obradoiros desenvolveránse en dez sesións que terán lugar os sábados en horario de 11:30 a 14:00, estruturados en tres grupos diferentes divididos por idades – Tropeza (4-5 anos), Empeza (6-9 anos) e Despeza (10-12 anos). Durante este primeiro trimestre, introducirase aos participantes nas características e historia da arquitectura da antiga Roma, en conceptos como a cor e as proporcións, o espazo e o interiorismo, e coñecerán o traballo de grandes figuras da arquitectura e do deseño como Antonio Palacios, Le Corbusier ou Bruno Munari, entre outros. O Proxecto Eirón e o Festival de Cine Intersección tamén protagonizarán nesta ocasión algunhas das sesións desta nova tempada de Nenoarquitectura.

O custe da matrícula é de 40 euros, aplicándose un desconto do 10% para grupos de irmáns. As follas de inscrición poden descargarse a través dos enlaces seguintes:

Tropeza_4_5_anos

Empeza_6_9_anos

Despeza_10_12_anos

[INSCRICIÓN PECHADA. PRAZAS ESGOTADAS]