Nenoarquitectura 2020

/
Coordinación Fermín Blanco

Coa chegada do novo ano, os obradoiros infantís de arquitectura Nenoarquitectura comezan un novo trimestre no que, unha vez máis, achegarán aos máis pequenos os segredos da arquitectura e o urbanismo da man do Sistema de Construción Lupo. Coordinados polo arquitecto Fermín Blanco, os obradoiros desenvolveranse en dez sesións que terán lugar os sábados en horario de 11:30 a 14:00 horas entre os meses de xaneiro e marzo, estruturados en tres grupos diferentes divididos por idades –Tropeza (4-5 anos), Empeza (6-9 anos) e Despeza (10-12 anos). A relación entre arquitectura e música, a bioconstrución, a arquitectura tradicional, o estudo de estruturas básicas como o arco ou a bóveda, a sostenibilidade e a análise da obra de destacadas figuras da historia da arquitectura como o norteamericano Richard Buckminster Fuller ou o mestre do barroco Domingo de Andrade son algúns dos temas que se abordarán nesta nova edición de Nenoarquitectura, protagonizada unha vez máis pola creatividade.

O custe da matrícula é de 40 euros, aplicándose un desconto do 10% para grupos de irmáns. As follas de inscrición poden descargarse a través dos enlaces seguintes:

Tropeza (4_5 anos)

Empeza (6_9 anos)

Despeza (10_12 anos)