Nenoarquitectura

/

A partir do 12 de xaneiro, durante todos os sábados ata o 16 de marzo en horario de 11:30 a 14:00 horas, a Fundación Luis Seoane acollerá a actividade didáctica Nenoarquitectura, unha proposta dirixida por Fermín Blanco na que se introduce aos máis pequenos no mundo da arquitectura e o urbanismo de maneira lúdica a través do Sistema de Construción Lupo. Como vén sendo habitual, Nenoarquitectura estruturarase en tres grupos diferentes dividido por idades -Tropeza (4-5 anos), Empeza (6-9 anos) e Despeza (10-12 anos)- e constará de dez sesións nas que se analizarán conceptos como o uso da cor e a luz, os materiais, a simetría, as pirámides do antigo Exipto ou grandes figuras da arquitectura como Louis Kahn, entre outros temas nos que a creatividade, a arte e a arquitectura serán protagonistas.

O custe da matrícula é de 40 euros, aplicándose un desconto do 10% para grupos de irmáns. As follas de inscrición poden descargarse a través dos enlaces seguintes:

TROPEZA_4-5

EMPEZA_6-9

DESPEZA_10-12