Muralismo activista Obradoiros para escolares da ESO e Bacharelato

/

Reserva previa. Recomendamos un máximo de 25 participantes. Duración máxima 60 min.

Luis Seoane foi un prolífico activista cultural, como amosa a súa inxente produción en multitude de campos creativos, culturais e políticos, xunto ao seu incuestionable compromiso coa súa terra e o seu tempo. Desenvolveu as súas ideas en todo tipo de soportes, buscando sempre chegar á maior cantidade de xente posible. Influído polo muralismo mexicano e as ideas sobre a integración das artes, xunto ao seu compromiso político e social, realizou numerosas obras murais con diferentes técnicas e materiais, tanto en espazos públicos como privados.

Na nosa actividade didáctica propoñémosvos participar na realización dun gran mural colaborativo, enriquecido coas creacións sucesivas do alumnado.

Utilizaremos unha das técnicas coas que máis experimentou Luis Seoane: a témpera estarcida. O alumnado realizará os seus propios modelos mediante un procedemento sinxelo que non precisa coitelas. Tamén disporán de modelos tipográficos e de formas variadas que podrán aplicar directamente sobre o muro con rotuladores de cores.