Reserva previa. Recomendamos un máximo de 25 participantes. Duración máxima 60 min.
Luis Seoane estivo sempre vinculado á fantasía e á imaxinación da tradición oral popular. Recreou e deu forma visual aos mitos e lendas da nosa cultura, sendo consciente do seu valor para a definición dunha identidade común.
Na nosa proposta didáctica os froitos da terra toman conciencia de si mesmos e emerxen como criaturas sorprendentes capaces de protagonizar lendas e aventuras, constituíndo así unha nova mitoloxía de seres inventados a partir de diversos elementos da paisaxe galega, na que os mundos vexetal, animal e mineral mestúranse para crear unha nova realidade mítica.
Deste xeito propoñémosvos unha visión da natureza, a vida e a cultura, chea de humor e personalidade, na que cada partipante desenvolverá o seu imaxinario lendario cunha liberdade creativa total.
Construiremos criaturas fantásticas que protagonizarán contos, aventuras e se convertirán en lendas.
As creacións serán inmortalizadas en fotografías que se porán ao dispor do público na rede social Instagram, nunha conta creada para o proxecto.