Luis Seoane Módulo didáctico

/

A inmensa variedade de técnicas, soportes e procesos creativos utilizados por Luis Seoane nos proporcionan a base ideal para o desenvolvemento de multitude de experiencias educativas nas que os máis pequenos terán un papel activo e moi participativo. Ao longo deste percorrido formularánse unha serie de propostas interactivas de carácter educativo a través de diversas actividades que implican observación, análise e creatividade.

Nas diferentes obras realizadas polo mestre Seoane iremos descubrindo a imaxe de Galicia que propón o artista: as mulleres e os homes, o traballo no campo e na costa, os froitos da terra e do mar, a roupa, os aparellos, os costumes, as lendas… Tamén poderemos ver cómo traballaba Seoane coas cores, o debuxo e as formas para representar unha realidade que ía alén do simple rexistro daquelo que percibimos coa mirada.

Obxectivos educativos:

– Mergullar aos participantes no polifacético mundo creativo de Luis Seoane

– Transformar unha visita á unha exposición nunha experiencia lúdica e educativa

– Facilitar a comprensión de conceptos relacionados coas cores e as formas dunha maneira interactiva

– Proporcionar unha visión ampla das múltiples técnicas e procesos para desenvolver a creatividade

Criaturas Luminosas do Mundo das Cores

Obradoiro para escolares de Infantil. Reserva previa. Recomendamos un máximo de 30 participantes. Duración máxima 60min.

Xogaremos con diversas técnicas que nos permitirán experimentar coa mestura de luz e pigmento a partir das cores primarias. Pintaremos cos ollos a través de filtros transformando a realidade, creando cores únicas e irrepetibles, e plasmaremos mundos imaxinarios que serán os nosos propios.

Mitoloxía das Bestas Inventadas

Obradoiro para escolares de Primaria. Reserva previa. Recomendamos un máximo de 30 participantes. Duración máxima 90 min.

Formularemos diversas técnicas e recursos didácticos para xerar todo tipo de criaturas fantásticas. Crearemos un bestiario novo cunha mitoloxía propia, enriquecendo así as lendas da nosa cultura coa imaxinación.