Laboratorio escóitasme?

/
Coordinación Fermín Blanco

Laboratorio escóitasme? é unha actividade didáctica concibida polo arquitecto Fermín Blanco, responsable do obradoiro de arquitectura infantil Nenoarquitectura da Fundación Luis Seoane, que ao longo de toda a corentena ofrecerá contidos online da man dunha serie de artistas e creadores acerca da figura e da obra de Luis Seoane.

O formato de Laboratorio escóitasme? consta de dúas sesións por convidado. Na primeira, analízanse unha das moitas disciplinas nas que destacou Luis Seoane: pintura, gravado, deseño, edición, etc., e formúlase un reto aos participantes para que estes, unha vez rematada a conexión a través da plataforma Zoom, poidan poñelo en práctica. Na segunda sesión, compártense os traballos realizados por todos os seguidores da actividade, e cada un deles explica as como afrontou o reto.

Laboratorio escóitasme? desenvolveráse de luns a sábado en horario de 17 a 18 horas. As familias interesadas en participar nesta actividade, poden descargarse a folla de inscrición correspondente a través do enlace seguinte:

Folla_inscrición.pdf