Laboratorio escóitasme? Un caderno de bitácora da Fundación Luis Seoane

/

A Fundación Luis Seoane oferta unha actividade na rede a través da plataforma Zoom para que os nenos e as familias poidan compartir coñecementos, entrevistar a convidados e propoñer actividades para estes días de peche das rúas. A obra plástica, o pensamento e o traballo de Luis Seoane van ser os motores do Laboratorio.

A actividade durará unha hora, de 17 a 18 horas. Durante este tempo, os nenos e as familias que desexen acompañalos traballarán con textos e con obra plástica e editorial de Seoane. Poderán entrevistar e falar con convidados sobre temas como poesía, deseño, creatividade, historia…

Fermín Blanco + Silvia Longueira

A actividade é gratuíta. Para participar, é necesario encher unha folla de inscrición descargable a través do link seguinte:

LaboratorioEscoitasme_2