Gran marea Seoánica Obradoiro para escolares de Educación Primaria

/

A mediados da década dos 50 Luis Seoane comezará a utilizar as masas de cor para elaborar a composición de base dos seus óleos, ás que superporá o trazo como unha capa autónoma. Nesta proposta didáctica xogaremos con esta idea pero á inversa: sobre unha serie de modelos que reproducen os perfís dalgunhas das obras incluídas na exposición Seoane reencontrado: óleos 1945-1977, aplicaremos as formas de cor, creando así un gran mural ao redor da figura humana. Durante a actividade, os alumnos non se limitarán a crear obras “de Seoane” ou “ao Seoane”, senón que explorarán outras posibilidades plásticas, reconfigurando desde o seu propio punto de vista o universo creativo do artista, apropiándose deste xeito do seu legado plástico para proxectalo no presente.

 

Reserva previa. Máximo 30 participantes. Duración: 60 minutos