Viaxes que contan Obradoiro de escritura

/
Coordinación Fernando Ontañón

Desde Homero ata Javier Reverte, pasando por Cervantes, Gerald Durrell, Julio Llamazares, Beryl Markham… Son moitos os escritores que fixeron da viaxe un auténtico xénero literario. Neste obradoiro imos facer as maletas e viaxar coa imaxinación ou coa memoria aos nosos territorios máis queridos e tratar de convertelos en textos literarios. A viaxe como fonte de inspiración ou excusa para comezar a escribir. Leremos a Enric González, “Historias de Nueva York” (RBA, 2014), repasaremos as principais técnicas narrativas, recomendaremos novas lecturas e, sobre todo, escribiremos e compartiremos os nosos relatos coa clase. Reserva o teu billete!

Formulario_inscrición.pdf

Actividades actuais

Compaxinadas
Ciclo de literatura
/
Actividade
Mercè Rodoreda / Montserrat Roig
Dúas escritoras desafiantes
/
Actividade
Cine indie
/
Actividade
Menos é máis
Obradoiro de escritura
/
Actividade