As chaves da creación dun guión cinematográfico desde o punto de vista de Juan Antonio Porto, un dos guionistas máis importantes do noso país, protagonizan este seminario que, a o longo de cinco sesións e apoiándose na análise de grandes clásicos da historia do cine, estudará conceptos como o tempo fílmico, a banda sonora, a sinopse, o diálogo, a acción, etc.
Autor de máis de sesenta guións de cine, o traballo de Juan Antonio Porto caracterízase por un minucioso labor previo de documentación de cada un dos seus proxectos. Formado na facultade de Ciencias de la Información da Universidad Complutense, participou nalgunhas das películas máis significativas do panorama do cine español como El bosque del lobo (1970) de Pedro Olea, La Regenta de Gonzalo Súarez (1974) ou Beltenebros (1991) de Pilar Miró, entre outras.
Coordinado pola periodista e crítica de cine Andrea Franco, Todo o que sei se desenvolverá do 25 ao 29 de setembro en sesións de dúas horas. No link seguinte é posible descargar o formulario de inscrición: