Titoras INPUT 2018

/
Coordinación Gonzalo E. Veloso

INPUT é un espazo de titorización de proxectos cinematográficos en desenvolvemento que xurde da colaboración entre a Fundación Luis Seoane e o (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico, mediante o que 3 autoras terán acceso a 3 profesionais de prestixio internacional do ámbito do cinema e da arte, cos cales poderán discutir acerca dos seus proxectos, dende o estado de escritura e desenvolvemento ata o de distribución.

Ata o 27 de abril estará aberto o prazo de envío de proxectos, que será totalmente gratuíto.

Aquí tes toda a información acerca da convocatoria: http://www.fundacionluisseoane.gal/fundacionls/gl/axenda/input-2018

Biografía das titoras

James Lattimer. Programador da Berlinale Forum (Alemaña)

Programador de festivais e crítico de cinema en medios como Cinema Scope (Toronto), Slant Magazine (New York), Fireflies (Berlín), MUBI’s The Notebook (New York), Senses of Cinema (Melbourne) ou Film Parlato (Roma). Dende 2011 é programador da Berlinale Forum e membro do seu comité de selección. Tamén recentemente ten realizado programas para proxectos como o Porous Boundaries – New Paths Through Mexican Cinema, en xuño do 2017 e o Arsenal – Institute for Film and Video Art, Berlín, Alemaña.

::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::

Isabel Orellana. Programadora no Festival Internacional de Cine de Valdivia (Chile).

Licenciada pola Universidade de Chile en realización de Cinema e Televisión, ten perfeccionado os seus estudos no Obradoiro de Dirección Documental impartido por Victor Kossakovsky na Pontificia Universidad Católica de Valparaíso. Ademais, ten realizado diversos obradoiros de produción como Encuentros Cartagena, Santiago LAB, SANFIC NET, Producers Network del Marche du Film de Cannes, Chiledoc Conecta.

Dende 2014 colabora na agrupación latinoamericana CINEMA21 e ten participado como xurado no 28º Festival Internacional de Cine de Mar del Plata e Olhar do Cinema, Curitiba Int Film Festival 2015. Dende o ano 2012 até a actualidade traballa como programadora no Festival Internacional de Cine de Valdivia, onde selecciona filmes para a súa competencia internacional, focos invitados e a sección experimental retrospectiva.

No ano 2013 funda ARAUCARIA CINE, onde produce Muerte Blanca, premiada co Golden Dove Award no 57º Festival DOK LEIPZIG e Mención Especial en Locarno 67. Actualmente é vicepresidenta de API CHILE – Asociación de Productores Independientes.

::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::

Cíntia Gil. Directora de Doclisboa (Portugal).

Nada en Portugal, Cíntia Gil estudou na Escola Superior de Teatro e Cinema e licenciouse en Filosofía pola Facultade de Letras da Universidade de Porto, onde tamén impartiu seminarios de Estética. Dende 2012, Cíntia Gil e Davide Oberto son co-directores de Doclisboa, o festival de cinema documental máis importante e de maior repercusión en Portugal. Gil ten comisariado diversidade de programas de cinema contemporáneo e histórico, retrospectivas e exposicións. Ademais, dende 2015, é membro de Apordoc – Associação pelo Documentário, a asociación de cinema documental de Portugal. Gil, cuxos textos teñen aparecido en numerosas publicacions de Filosofía e Arte, participa actualmente como invitada en paneis de discusión e conferencias, así como xurado en festivais internacionais.

Actividades actuais

Grupo de Estudos
Transición ecosocial e desexo
/
Actividade
Lugares de novela: Uruguai
Obradoiro de literatura
/
Actividade