Testemuñas no tempo

/
Dirección Alejandro Pan

Inspirándose nas emisións radiofónicas realizadas por Luis Seoane no exilio, o proxecto Testemuñas no tempo, dirixido por Alejandro Pan, ten como obxectivo documentar e disponer dun arquivo sonoro dos testemuños de emigrantes galegos durante o periodo de confinamento a consecuencia da pandemia do covid19.

En cada episodio convidase a galegos que residen fóra das nosas fronteiras a falar desde o confinamento dos seus fogares das súas experiencias e reflexións desde unha perspectiva persoal, como observadores da realidade e da sociedade dos países nos que se estableceron.

O fenómeno da globalización, o desenvolvemento tecnolóxico, as crises sociais e humanitarias, os movementos migratorios e o cambio climático, así como os efectos producidos pola pandemia, teñen consecuencias nos hábitos da poboación, nas formas de traballo, nas sociedades e nos seus valores, e na súa percepción do futuro a curto e longo prazo. Testemuñas no tempo formula aos participantes unha serie de preguntas relacionadas con estes temas e outras cuestións da actualidade que arroxan diferentes perspectivas acerca do momento histórico presente.

PRIMEIRA PARTE

EPISODIO 0/3

Diálogo con Silvia Longueira, directora da Fundación Luis Seoane, sobre os obxectivos e a motivación para a creación dun arquivo sonoro durante o período da pandemia. [Colaboración musical: Baiuca facebook.com/baiucamusic]

 

 

EPISODIO 1/3 – O MUNDO ANGLOSAXON

Neste episodio recóllense os testemuños de galegos residentes no Reino Unido e nos Estados Unidos. Contaremos coa participación de Antón, un estudante de doutorado en cosmoloxía en Cambridge; Duarte, un analista de audiencias para un medio inglés; e Alejandro, un neurocientífico na Universidade de Princeton en New Jersey. [Colaboración musical: Baiuca facebook.com/baiucamusic ]

 

 

EPISODIO 2/3 – AMERICA DO NORTE

O segundo episodio da serie ofrece as visións de galegos e galegas residentes en México, na costa oeste dos Estados Unidos e no Canadá. Contaremos coas intervencións de Juan Pedro, directivo dunha empresa de maquinaria na Cidade de Mexico ; María Soledad, avogada fiscalista en Los Ángeles; e Mónica, directiva dunha empresa de biocompoñentes nos suburbios de Montreal. [Colaboracións musicais: Os Novos facebook.com/osnovosrnr, Jinetes del Trópico facebook.com/losjinetesdeltropico, Boyanka Kostova facebook.com/BoyankAKostovAtrvp ]

 

 

EPISODIO 3/3 – LUSOFONÍA

O terceiro episodio da serie ofrece as visións de galegos e galegas residentes no norte de Portugal e Mozambique. Contaremos coas intervencións de Juan José, enxeñeiro de camiños residente en Porto, e de Sonia, mestra franciscana residente en Tete. [Colaboracións musicais: Batuko Tabanka facebook.com/Batuko-Tabanka, Laura Lamontagne & Pico Amperio facebook.com/lamontagnemusica ]

 

Actividades actuais

Información COVID-19
/
Actividade
Somos o que lemos
Ciclo de literatura contemporánea
/
Actividade
Obradoiro de literatura. Literatura española nos oitenta
A década prodixiosa
/
Actividade
Creación e territorios
/
Actividade
Obradoiro de escritura. O almacén de historias
/
Actividade
Canal Seoane
/
Actividade
Intersección
Festival de Arte Audiovisual Contemporáneo
/
Actividade