O ciclo Somos o que lemos regresa unha vez máis á Fundación Luis Seoane para achegar ao público as últimas obras dalgúns dos nomes máis destacados da literatura contemporánea, nunha nova edición, a cuarta xa, que dará comezo o mércores 23 de outubro coa intervención da escritora donostiarra Dolores Redondo, autora da célebre Trilogía del Baztán, á que seguirán, o 12 de novembro, Eduardo Mendoza, para falar da súa última novela, El negociado del yin y el yang (Seix Barral, 2019) e o 9 de decembro, María Hesse, quen presentará o seu libro El placer (Lumen, 2019). Iniciado en 2017, Somos o que lemos está dirixido e coordinado por Javier Pintor, profesor de literatura e formador no Centro de Formación de Recursos do Profesorado do área da Coruña, ademáis de coordinador e docente en diversos obradoiros de literatura e ciclos de conferencias sobre escritores contemporáneos.
A entrada ao ciclo é libre ata completar capacidade.
12_de_novembro_Eduardo_Mendoza