Somos o que lemos. Encontros coa literatura contemporánea

/
Coordinación Javier Pintor

Recollendo o testemuño de Letras de outono: sen medo ao real, a Fundación Luis Seoane presenta un novo ciclo que, unha vez máis, reunirá algúns dos nomes máis destacados da literatura contemporánea do noso país nunha serie de encontros nos que autores como Javier Cercas, Luis Landero ou Ignacio Martínez de Pisón, entre outros, falarán dos seus procesos creativos a través dos seus traballos máis recentes. Somos o que lemos. Encontros coa literatura contemporánea está dirixido e coordinado por Javier Pintor,  profesor de literatura e formador no Centro de Formación de Recursos do Profesorado do área de A Coruña, además de coordinador e docente en diversos obradoiros de literatura e ciclos de conferencias sobre escritores contemporáneos. O ciclo dará comezo o 27 de febreiro coa intervención de Javier Cercas, Premio Nacional de Narrativa 2010, quen falará da súa última novela, El monarca de las sombras. 

Somos o que lemos pecharase o vindeiro 14 de xuño cun encontro entre e o escritor coruñés Agustín Fernández Mallo e o artista visual, dramaturgo, actor, escritor e cineasta Ignasi Duarte, que establecerán un diálogo dentro de Conversaciones ficticias, un proxecto deste último que parte do que o autor denomina ‘teatro automático’, un xénero creado por él mesmo que consiste en manter unha conversación en escena seguindo unha pauta moi sinxela que permite aos interlocutores elaborar, de maneira espontánea e autónoma, o seu propio discurso dramático.

Conversaciones ficticias Galicia está realizado pola Galería Trinta de Santiago de Compostela en colaboración coa Fundación Luis Seoane.

+ info: ConversacionesFicticias.pdf

A entrada ao ciclo é libre ata completar capacidade. 

Actividades actuais

Somos o que lemos
/
Actividade
Como ler unha película
Un obradoiro de cine coordinado por María Donapetry
/
Actividade
De aquí á eternidade. Libros inmortais escritos por mulleres
Obradoiro de literatura
/
Actividade
Escribir un relato
Obradoiro de escritura
/
Actividade