Somos o que lemos. Encontros coa literatura contemporánea

/
Coordinación Javier Pintor

O ciclo Somos o que lemos. Encontros coa literatura contemporánea celebra a súa terceira edición na Fundación Luis Seoane cun programa que contará coa participación entre os meses de febreiro e maio de destacadas figuras do panorama das letras contemporáneas, que presentarán ao público os seus últimos traballos a través dunha serie de encontros dirixidos e coordinados por Javier Pintor, profesor de literatura e formador no Centro de Formación de Recursos do Profesorado da área da Coruña, ademais de coordinador e docente en diversos obradoiros de literatura e ciclos de conferencias sobre escritores contemporáneos. A nova etapa de Somos o que lemos dará comezo o 28 de febreiro coa intervención de Adolfo García Ortega (Valladolid, 1958), quen fará da súa última novela, Una tumba en el aire (Galaxia Gutenberg, 2019) no salón de actos da Fundación Luis Seoane.

Calendario (pinchar para descargar ficha):

28 de febreiro. Adolfo García Ortega

21 de marzo. Ernesto Pérez Zúñiga

10_de_abril._Edurne_Portela

29_de_maio_Manuel_Jabois

Actividades actuais

Ciclo Creación e Territorios III
/
Actividade
Lugares de novela: Hungría
Obradoiro de literatura
/
Actividade
Máis chaves da ficción literaria
Obradoiro de escritura
/
Actividade
Somos o que lemos
Ciclo de literatura
/
Actividade
Amantes, musas, modelos
Picasso e as súas mulleres
/
Actividade