Somos o que lemos. Encontros coa literatura contemporánea

/
Coordinación Javier Pintor

O ciclo Somos o que lemos. Encontros coa literatura contemporánea celebra a súa segunda edición na Fundación Luis Seoane cun programa que contará coa participación entre os meses de febreiro e marzo de autores como Leonardo Padura, Andrés Neuman, Berta Vías Mahou e Juan José Millás. Todos eles presentarán ao público os seus últimos traballos a través dunha serie de encontros dirixidos e coordinados por Javier Pintor, profesor de literatura e formador no Centro de Formación de Recursos do Profesorado del área de A Coruña, ademais de coordinador e docente en diversos talleres de literatura e ciclos de conferencias sobre escritores contemporáneos. Somos o que lemos dará comezo o 6 de febreiro coa intervención do escritor cubano Leonardo Padura, quen falará de La transparencia del tiempo (Tusquets, 2018), última entrega da súa premiada serie de novelas protagonizadas polo detective Mario Conde.

 

 

 

Actividades actuais

Amantes, musas, modelos
Picasso e as súas mulleres
/
Actividade
Somos o que lemos
/
Actividade
Lugares de novela. Stefan Zweig
Obradoiro de literatura
/
Actividade
Dende as marxes. Sobre a necesidade da crítica
Diálogos de arquitectura
/
Actividade