Somos o que lemos. Ciclo de literatura

/
Coordinación Javier Pintor

Comeza unha nova etapa do ciclo Somos o que lemos, o espazo da Fundación Luis Seoane que achega ao público os últimos traballos de destacados nomes do panorama literario nacional. A través dunha serie de presentacións que se iniciarán a finais do mes de setembro de 2021, distintos autores compartirán cos lectores as chaves das súas obras acompañados por un convidado que debatirá con eles, ofrecendo deste xeito unha perspectiva diferente acerca dos procesos que forman parte do seu labor como escritores. Como vén sendo habitual, o coordinador do ciclo, Javier Pintor, será o encargado de conducir cada unha das sesións desta nova etapa.

Próxima presentación: martes 28 de outubro, 19:30 horas. Rodrigo Cortés falará da súa última novela, Los años extraordinarios (Literatura Random House, 2021) en compañía de José Manuel Sande e Javier Pintor.

+ información: SOQL_Rodrigo_Cortés

Actividades actuais

Somos o que lemos
/
Actividade
Como ler unha película
Un obradoiro de cine coordinado por María Donapetry
/
Actividade
De aquí á eternidade. Libros inmortais escritos por mulleres
Obradoiro de literatura
/
Actividade
Escribir un relato
Obradoiro de escritura
/
Actividade