O ciclo Somos o que lemos regresa á Fundación Luis Seoane cunha serie de encontros que achegarán ao público as novidades literarias máis destacadas do panorama nacional da man dos seus autores, que entre os meses de xaneiro e xuño falarán dos seus procesos creativos e das chaves das súas obras nunha serie de presentacións de acceso libre. Javier Pintor, coordinador do ciclo, será o encargado de presentar e acompañara aos conferenciantes durante as sesións desta nova edición.
Próximas presentacións:
Mércores 25 de maio, 19:30 horas. Andrés Neuman falará da súa última novela, Umbilical (Anagrama, 2022) en compañía de Ana Abelenda e Javier Pintor.
+ información: SOQL_AndrésNeumann
Venres 27 de maio, 19:30 horas. Pedro Ramos falará do seu libro Un ewok en el jardín (Edebé, 2022) en compañía de Javier Pintor.
+ información: SOQL_PedroRamos