A partir do mes de setembro, a Fundación Luis Seoane acollerá unha nova edición do ciclo Somos o que lemos que, unha vez máis, achegará ao público os traballos máis recentes de destacadas figuras do panorama das letras contemporaneas a través dunha serie de encontros coordinados por Javier Pintor, profesor de literatura e formador no Centro de Formación de Recursos do Profesorado da área da Coruña, ademais de coordinador e docente en diversos obradoiros de literatura e ciclos de conferencias sobre escritores contemporáneos.
Tras as intervencións de Marta Sanz, Xesús Fraga, Miqui Otero e Jesús Carrasco, o escritor Xavier Seoane presentará o vindeiro 21 de abril o seu último libro, Dicionario irreal para un país imposible (Xerais 2020), acompañado polo coordinador do ciclo, Javier Pintor e polo escritor, actor e locutor Xurxo Souto. O acto é de capacidade limitada, para asistir é imprescindible facer unha reserva previa no teléfono 981 216 015.
Descargar ficha: