Sens Arts Week. Semana Internacional da Educación Artística

/
Dirección José María Mesías

A Semana Internacional da Educación Artística da UNESCO busca sensibilizar á comunidade internacional sobre a importancia da educación artística na sociedade, a diversidade cultural e a cohesión cidadá como motor de cambio e transformación social. Dentro deste marco nace a Sens Arts Week, un proxecto experimental de formación docente con artistas contemporáneos e centros educativos da cidade da Coruña, organizado pola Fundación Luis Seoane baixo a dirección do profesor da UDC José María Mesías, desenvolvido durante os meses de marzo, abril e maio cuxos procesos creativos serán obxecto de obras de arte pública e participativa nas rúas da cidade entre os días 28 e 31 de maio. Así mesmo, todo este proxecto-proceso será obxecto dun debate internacional os días 1 e 2 de xuño na Fundación Luis Seoane nun Foro Internacional de Arte e Educación: En busca do procomún: educación artística participativa, sensibilidade e transformación social, no que participarán diferentes especialistas e profesionais relacionados cos eidos da educación e a arte.

SensArtsWeek_programa.pdf