(S8) XVI Mostra de Cinema Periférico

/

A 16 edición do S8 Mostra de Cinema Periférico celebra este ano o 60 aniversario da creación do Súper 8 cunha programación que inclúe cen obras de artistas nacionais e internacionais, das que 30 son estreas mundais, e a presenza destacada de traballos de realizadores americanos como o venezolano Carlos Castillo, a estadounidense Betz Bromberg, a chilena Jeannete Muñoz e a arxentina Daniela Cugliandolo.

Este ano, o patio da Fundación Luis Seoane, que repite como unha das sedes do certame, acollerá os días 5, 6 e 7 de xuño as sesións da sección Desbordamentos, o espazo de cine performático do festival. A primeira sesión incluirá a presentación de Tortuga [pasaje cromático #4] de Brenda Boyer, realizada dentro das residencias artísticas BAICC; e a intervención do colectivo Tekno Fantasy, que interpretarán a peza La belleza en los rayos fracturados.

O venres 6 será a quenda da artista venezolana Valentina Alvarado, que repite no S8 coa presentación da súa performance voy raspando la hoja y la voz; e da canadense de orixe ugandés Sonya Mwambu, cuxo traballo explora a intersección entre identidades.

O cine experimental dos laboratorios Mire de Nantes e Laia Coop de Oporto ocupará a última sesión da sección, que comezará o sábado 7 de xuño con películas realizadas por Aurélie Percevault e Antoine Ledroit, para continuar cunha performance a cargo da primeira e o artista sonoro Pierre Pierre Pierre. Por último, Desbordamientos pecharase con Wandering Projection, unha proposta desenvolvida no marco do programa europeo de investigación cinematográfica SPECTRAL na que se levará cabo un paseo nocturno proxectando cinema en vivo na cidade con proxectores de 16 mm.

A programación completa da XVI Edición do S8 Mostra de Cinema Periférico está dispoñible aquí