(S8) XIV Mostra de Cinema Periférico

/

A obra de Urbano Lugrís é a imaxe da nova edición do (S8) Mostra de Cinema Periférico, que se celebrará na cidade da Coruña entre o 26 de maio e o 4 de xuño. Este ano, o certame, que leva por título Paisaxes encantadas, está dedicado ás películas que recuperan a visión da infancia, e contará cunha programación na que se proxectarán máis de 180 pezas de 12 países.

A Fundación Luis Seoane, que repite como unha das sedes da mostra, acollerá o mércores 31 de maio, ás 12:00 horas, a presentación colectiva dos traballos que participan este ano en INPUT, o espazo de asesoramento de proxectos cinematográficos en desenvolvemento xurdido da colaboración entre o (S8) e a propia Fundación.

Sección Desbordamientos
O xoves 1 de xuño, ás 23:00 horas, estrearanse na sección Desbordamientos as propostas levadas a cabo no marco das residencias artísticas internacionais de creación cinematográfica BAICC e nas Becas eSe8_LAB, que apoian o desenvolvemento de proxectos cinematográficos en institucións de prestixio europeas.

A film performance There Is Light at the Top of the Tower de John Price protagonizará esa mesma hora a sesión do venres 2. O director canadiense inspirouse na Torre de Hércules para a realización desta peza, á que acompañará a actuación en directo do artista galego TORSO.

As performances Film Walk e Phantom Schoogirl Army de Hangjun Lee, inéditas en España, mesturan a proxección en 16 mm co uso do proxector como instrumento de creación sonora. O público poderá velas na sesión do sábado 3 de xuño, na que o artista coreano ofrecerá aos asistentes un espectáculo visual e sonoro único co que se pechará a sección.

Máis informacion sobre a programación do (S8): s8cinema

Actividades actuais

Somos o que lemos
/
Actividade
Como ler unha película
Un obradoiro de cine coordinado por María Donapetry
/
Actividade
De aquí á eternidade. Libros inmortais escritos por mulleres
Obradoiro de literatura
/
Actividade
Escribir un relato
Obradoiro de escritura
/
Actividade