A relación entre o cine e os soños e a emoción da proxección como experiencia colectiva son os eixos nos que se basea a XII edición del (S8) Mostra de Cinema Periférico, que se celebrará na cidade da Coruña entre o 28 de maio e o 6 de xuño. Este ano, a figura do cineasta andaluz José Val del Omar (Granada, 1904 – Madrid, 1982) será un dos puntos destacados do festival, que lle dedicará un programa dobre, un especial en liña e unha conferencia na que participarán expertos na súa obra. Además, a imaxe desta nova edición recupera parte do deseño do cartel que o artista gráfico Victor Moscoso realizou en exclusiva para a exposición retrospectiva Moscoso Cosmos. O universo visual de Victor Moscoso, actualmente nas salas da Fundación Luis Seoane.
O patio da Fundación acollerá un ano máis a sección Desbordamientos do S8, que precisamente toma o seu nome da noción de desbordamento panorámico desenvolvida polo cineasta granadino. O xoves 3 de xuño, a partir das 23:00 horas Las Synergys -Bruno Delgado Ramo, Paula Guerrero e Esperanza Collado- inaugurarán este espazo cunha presentación expandida de Johnny Guitar, o clásico de Nicholas Ray. Tras a súa intervencion, os cineastas Helena Girón e Samuel M. Delgado ofrecerán a performance Ejercicios de escucha 2, un percorrido psicoxeofísico pola illa de Tenerife.
O venres 4, a artista plástica Deborah S. Phillips e o realizador James Edmonds, protagonizarán A noite berlinesa, na que se amosarán diferentes traballos destes dous creadores radicados en Berlín. Por último, a artista e investigadora Esperanza Collado, figura chave do cine expandido contemporáneo a nivel internacional pechará Desbordamientos con Kicked with the Front Foot on the Dark Side of the Deck, ó seu último traballo performativo.
A programación completa da XII edición do (S8), horarios e reserva de entradas están dispoñibles na páxina web do festival: s8cinema.com