(S8) XI Mostra de Cinema Periférico

/

O xardín secreto é o nome da XI Edición da Mostra Internacional de Cinema Periférico, unha referencia directa á pasada primavera, marcada polo confinamento, que o festival recupera ahora enchendo de flores e plantas as pantallas dos espectadores. Esa explosión primaveral protagoniza a imaxe da mostra, que nesta edición estreará un formato dual, combinando actividades presenciais con contidos online.

O cine expandido e a film performance ocuparán de novo o patio da Fundación Luis Seoane grazas á sección Desbordamentos, que dará comezo o xoves 1 de outubro, ás 21:30 horas, coa performance da portuguesa Tânia Dinis. O venres 2, ás 21:00 horas, terá lugar unha triple sesión presencial de Valentina Alvarado e Carlos Vásquez e finalmente, o sábado 3, ás 23:00 horas, a estadounidense Miwa Matreyek pechará a Mostra cunha espectacular performance proxectada sobre os muros de distintos puntos da cidade. Todas estas sesións tamén poderán seguirse por streaming desde calquer lugar do mundo.

Ademais, este ano a Fundación Luis Seoane acollerá unha nova edición de INPUT, o espazo de titorización e asesoría de proxectos cinematográficos en desenvolvemento xurdido da colaboración entre a Fundación e o (S8) Mostra de Cinema Periférico, un formato no que tres cineastas terán acceso a 3 profesionais de prestixio internacional do ambito do cine e da arte, cos que poderán discutir acerca dos seus proxectos, desde o estado de escritura e desenvolvemento ata o de distribución.

A programación completa do (S8) Mostra de Cinema Periférico está dispoñible en s8cinema.com

Actividades actuais

Grupo de Estudos
Transición ecosocial e desexo
/
Actividade
Lugares de novela: Uruguai
Obradoiro de literatura
/
Actividade