Resis Festival Festival de música contemporánea da Coruña

/

Resis, o festival de música contemporánea da Coruña abre as súas portas nunha nova edición, a terceira, que achegará unha vez máis ao público o traballo de destacados artistas e intérpretes do repertorio musical contemporáneo. Este ano, o festival desenvolverá por vez primeira a totalidade da súa programación na sede Fundación Luis Seoane, e dará comezo o mércores 1 de xuño, ás 20:30 horas, cun concerto a cargo de Marc Vilanova. Baixo o título de Aresta, o artista e saxofonista barcelonés presentará unha instalación sonora escultórica e performativa que estará aberta ao público ata o vindeiro 31 de xullo na sala principal de exposicións do primeiro andar da Fundación.

O sábado 4 de xullo, ás 20:30 horas, o percusionista Noè Rodrigo ofrecerá o concerto Il legno e la parola, no que interpretará pezas de Javier Álvarez, Salvatore Sciarrino, Edison Denissow e Iannis Xenakis. Posteriormente, o sábado 18 de xullo, á mesma hora, terá lugar o concerto Sofferte… lontano de Vertixe Sonora Ensemble, que incluirá obras dos compositores Elena Rykova, Kaija Saariaho, Toshio Hosokawa e Víctor Ibarra. A clausura do festival estará a cargo este ano da pianista madrileña Magdalena Cerezo, que fará un percorrido polo repertorio pianístico europeo das últimas décadas interpretando pezas de Michael Finnisy, Georg Kröll, Betsy Jolas e Anna Thorvaldsdóttir.

A capacidade do festival está limitada a 40 persoas por concerto. Para asistir, é imprescindible recoller previamente as entradas, dispoñibles a partir do mércores 24 de xuño na recepción da Fundación Luis Seoane, ata un máximo de dúas entradas por persoa.

Toda a información acerca da terceira edición de Resis e dos intérpretes pode consultarse a través da páxina web do festival: resisfestival.com

Actividades actuais

Somos o que lemos
/
Actividade
Lugares de novela. Paul Auster
Obradoiro de literatura
/
Actividade
Tempo de escritura
Obradoiro de escritura
/
Actividade