RESIS Festival. Día Internacional dos Museos

Con motivo da celebración da noite dos museos, a Fundación Luis Seoane abre as súas portas á programación do RESIS Festival de Música Contemporánea, que durante o mes de maio celebrará a súa segunda edición. O sábado 18, a partir das 20:30 horas, as salas da Fundación acollerán o concerto/conferencia Traxedia da escoita a cargo do pianista David Durán Arufe, solista de Vertixe Sonora Ensemble, quen interpretará obras de Toshio Hosokawa (Hiroshima, 1955), Luigi Nono (Venecia, 1924-1990) e Enrique X. Macias (Vigo, 1958-1995), acompañado polas palabras do crítico musical Paco Yáñez. Ao rematar o concerto, o cociñeiro Xoán Crujeiras realizará unha creación gastronómica en homenaxe ao compositor vigués Enrique X. Macías.

En paralelo, o salón de actos da Fundación acollerá a proxección do documental Correspondencias sonoras, primeira longametraxe do director, produtor e escritor Manuel del Río, figura destacada do novo cinema galego, quen xa ten no seu haber varias curtametraxes nas que analiza a relación entre o cinema experimental e a música de vangarda. A película, filmada no Centro Galego de Arte Contemporánea, segue o día a día da orquestra de cámara galega Vertixe Sonora Ensemble, e inclúe entrevistas, concertos, conferencias, exposicións, etc., ademáis das testemuñas de compositores como Ramón Souto ou David Hernández Ramos, que reflexionan sobre a vangarda e a relación co público.

A entrada é libre ata completar capacidade. A programación completa do RESIS Festival pode consultarse a través do enlace seguinte: www.resisfestival.com

Actividades actuais

Somos o que lemos
/
Actividade
Dende as marxes. Sobre a necesidade da crítica
Diálogos de arquitectura
/
Actividade
Grupo de Estudos
Transición ecosocial e desexo
/
Actividade
Lugares de novela. Noruega
Obradoiro de literatura
/
Actividade
Literatura e memoria
Obradoiro de escritura
/
Actividade