Entre o 22 de abril e o 6 de xuño, o Festival RESIS ofrecerá en distintos espazos culturales da Coruña unha programación coa que busca convertirse nunha das citas de referencia da creación contemporánea en España. A estrea de máis de 30 obras, unha colaboración especial coa OSG, concertos, videoinstalacións e instalacións sonoras completan o cartel da cuarta edición do festival que pode consultarse na súa totalidade na súa páxina web www.resisfestival.com e redes sociais @resisfestival en Instagram, Twitter e Facebook.
Pola súa parte, a participación da Fundación Luis Seoane como unha das sedes do festival concretarase en dúas datas: o xoves 22 de abril, ás 20:30 horas, a sala principal de exposicións do primeiro andar acollerá a presentación oficial do evento, que estará conducida pola actriz Chus Álvarez e que xirará ao redor da videoinstalación Formas da apariencia da artista visual Verónica Vicente. Os límites do corpo e o achegamento estético á escultura e á danza son as ferramentas coas que a creadora elabora unha crítica acerca da excesiva preocupación pola imaxe nas sociedades contemporáneas. No espectáculo participarán o Colectivo Glovo, responsables da performance; ao que acompañarán Macarena Montesinos (violonchelo) e Adriana Aranda (soprano). A dirección do espazo sonoro estará a cargo de Hugo Gómez-Chao.
A colaboración da OSG con RESIS traducirase o domingo 23 de maio ás 13:00 horas nun concerto no que o Grupo Untía interpretará o Concertino para clarinete e piano (arranxo Gordon Jacob) do violinista e compositor italiano Giuseppe Tartini (Piran, Eslovenia, 1692-Padua, Italia, 1770); ao que seguirán as obras Laguna de Cospeito e Fragas de Lanzós, así como a estrea absoluta de Dúas passajes da Terra Chá do escritor e músico galego Paulino Pereiro (A Coruña, 1957). Por último, o Quinteto para piano e cordas (arranxo para sexteto) do compositor austríaco Anton Webern (Viena, 1883-Mittersill, Austria, 1945) pechará o concerto.
As entradas para todos os actos e concertos de RESIS son gratuítas, pero deberán reservarse e ser recollidas físicamente desde o venres 16 de abril nas sedes respectivas.