Recetas Urbanas: auto-construción Aula Libre Estudantado

/

Durante 10 días, o arquitecto Santiago Cirugeda (Sevilla, 1971) e un equipo do estudo de arquitectura Recetas Urbanas levarán a cabo unha intervención no edificio LERD do Campus de Elviña da Universidade da Coruña que se desenvolverá a través dun proceso de voluntariado que implicará a diferentes colectivos universitarios (estudantes, docentes, persoal de xestión e servizos), un proxecto promovido pola Facultade de Socioloxía-UDC realizado en colaboración coa Fundación Luis Seoane e o Concello da Coruña. A través desta iniciativa, construirase unha cabana destinada a convertirse nun espazo de formación e aprendizaxe continuo para a comunidade universitaria, unha estrutura cívica multiusos, empregando materiais locais reciclados e de segunda man. Ao finalizar o proceso de construción, entregarase esta aula á UDC, que estenderá o seu significado e utilidade cedendo este o espazo ao colectivo de estudantes.

A proxección e construcción da Aula Libre forma parte dun proceso de colaboración entre Santiago Cirugeda e o estudo Recetas Urbanas coas institucións implicadas no proxecto. No ano 2018, a Facultade de Socioloxía participou na construción do Centro Sociocomunitario Cañada Real en Madrid tras cinco meses de traballo colectivo, e ese mesmo ano, a Fundación Luis Seoane acolleu entre os meses de xullo e decembro a exposición usted está aquí. 20 años de Recetas Urbanas, que amosaba o traballo desenvolvido polo estudo ao longo de dúas décadas.

O 5 de xuño rematará o proceso construcción colectiva da Aula Libre, unha estrutura que o decanato de Socioloxía espera se converta nun símbolo da Universidade como Campus especializado na sustentabilidade e tamén como un icono que mostre a cohesión da comunidade universitaria.

XOVES 30 MAIO, 20:00 horas. Conferencia de Santiago Cirugeda no salón de actos da Fundación Luis Seoane, baixo o título 1200 veciños constrúen o seu propio centro comunitario. Entrada libre ata completar capacidade.

Actividades actuais

Somos o que lemos
/
Actividade
Grupo de Estudos
Transición ecosocial e desexo
/
Actividade
Literatura e memoria
Obradoiro de escritura
/
Actividade