Nesta conferencia, a restauradora Reyes Jiménez de Garnica realizará un percorrido visual polos procesos creativos do novo Pablo Picasso a través da tecnoloxía, desde os comezos do artista na Coruña ata a súa chegada a Barcelona, onde afondará en momentos chave da súa traxectoria como a época azul.
Realizada en colaboración coa UIMP, esta intervención terá o martes 29 de outubro ás 19:30 horas no auditorio da Fundación Luis Seoane. A entrada é libre ata completar capacidade.
Acerca de Reyes Jiménez
É licenciada en Belas Artes e graduada en Conservación e Restauración de Bens Culturais. En 1982 obtén a bolsa da Academia de España de Roma para completar a súa formación no Istituto Centrale per il Restauro. Despois de traballar en Francia e Suiza en diferentes proxectos de restauración de conxuntos patrimoniais, incorporouse ao equipo do Museu d’Art de Catalunya durante os traballos de remodelación e das colección románicas e góticas.
Entre 2002 e 2024 foi responsable do departamento de restauración e conservación preventiva do Museu Picasso de Barcelona, onde desenvolveu programas científicos de estudo e caracterización de materiais, os procesos creativos e os materiais constitutivos na obra de Picasso.
En 2022 comisariou as exposicións Picasso. Projecte Blau (Museu Picasso de Barcelona), El joven Picasso: estudios técnicos (Museo Picasso en Buitrago del Lozoya, Madrid) e Picasso. The blue Project and beyond (Pola Museum of Art, Hakone, Japón).
É autora de diversos artigos en catálogos de exposicións sobre a figura de Pablo Picasso e outras publicacións científicas sobre a conservación dos materiais na súa obra, así como coeditora da publicación Engineering: Failure Mechanisms in Picasso’s Paintings, editado por Springer Nature, 2021. No museo de Barcelona comisariou outras mostras como Viaje a través del azul: La Vida (2013) e participado en Ciencia y Caridad al descubierto (2010).
En Francia realizou diversas colaboracións científicas co Musée National Picasso de Paris, a exposición Picasso Chefs d’oeuvre (2018) e no Musée d’Orsay, Picasso: Bleu et rose (2018), así como cos cursos do Doutorado Picasso. Foi Formadora do taller ACERCA de conservación preventiva dos programas de formación da Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID).