Pensamentos urxentes 3

/
Coordinación Javier Pintor

[ATENCIÓN: actividad cancelada hasta nuevo aviso]

O filósofo Daniel Innerarity (Bilbao, 1959) será o encargado de inaugurar unha nova edición do ciclo Pensamientos urxentes coordinado por Javier Pintor, un espazo de reflexión e intercambio de ideas ao redor da paisaxe social dos nosos días que pretende analizar o carácter inmediato da información no mundo actual, que arrebata a posibilidade de afondar acerca de cuestións fundamentais para o conxunto da cidadanía. A través das obras de autores actuais, abórdanse diferentes aspectos do pensamento contemporáneo coa fin de identificar e debater cuestións que están definindo os procesos de construción derivados das sociedades posmodernas.

En Una teoría de la democracia compleja (Galaxia Gutenberg, 2019), Daniel Innerarity analiza a evolución, os retos e as ameazas aos que se enfrontan os sistemas democráticos contemporáneos, actualizando conceptos políticos que se desenvolveron en épocas de relativa simplicidade social e política. Ante a incapacidade dos sistemas políticos para xestionar a complexidade do mundo e enfrontarse aos que ofrecen unha simplificación tranquilizadora, o autor formula unha teoría da democracia e do goberno para o século XXI, partindo do suposto de que a máis prometedora renovación das nosas democracias será o resultado de facelas máis complexas. (fonte: Galaxia Gutenberg)

Actividades actuais

Somos o que lemos
/
Actividade
Lugares de novela. Paul Auster
Obradoiro de literatura
/
Actividade
Tempo de escritura
Obradoiro de escritura
/
Actividade