Parellas literarias. Clube literario da Fundación Luis Seoane

/
Coordinación Eduardo Riestra
Participantes Estíbaliz Espinosa, Blanca Riestra, Eduardo Riestra, Xulia Santiso, Xavier Seoane

A Fundación Luis Seoane pon en marcha un novo club de literatura a través do que, ao longo de doce sesións dirixidas por diferentes especialistas, analizarase a vida e a obra de parellas célebres do mundo da literatura. O club, coordinado por Eduardo Riestra, responsable de Ediciones del Viento, abriráse coa intervención do escritor Xavier Seoane, quen ofrecerá a súa visión acerca da relación entre Rosalía de Castro e Manuel Murguía, ao que seguirán a escritora Estíbaliz Espinosa, que se centrará na parella formada por Virginia e Leonard Woolf; Blanca Riestra, en Paul e Jane Bowles; Xulia Santiso, en Emilia Pardo Bazán e Benito Pérez Galdós; e finalmente, o propio Eduardo Riestra, que en catro sesións diferentes disertará sobre os diferentes aspectos da biografía e o universo creativo de Juan Ramón Jiménez e Zenobia Camprubí, e de Adolfo Bioy Casares e Silvina Ocampo.

Actividades actuais

Somos o que lemos
/
Actividade
Lugares de novela. Paul Auster
Obradoiro de literatura
/
Actividade
Tempo de escritura
Obradoiro de escritura
/
Actividade