A fecunda relación entre literatura e territorio inspira este obradoiro que terá a Rusia como eixo. A literatura rusa sempre gozou dun enorme prestixio que se manifestou na influencia que exerceu nas letras universais.
Rusia irrompe no mapa da literatura europea durante o século XIX cunha forza incrible. Este século, denominado como o Século de Ouro, foi un periodo de florecemento literario máximo que predeterminou o desenvolvemento posterior da súa cultura nacional. As obras de autores como Pushkin, Dostoievski ou Tolstoi reflicten a complexidade dunha sociedade sometida ao despótico goberno dos zares e marcada pola miseria dos seus campesiños. A palabra dos escritores considerouse entón a voz do pobo.
Posteriormente, a Revolución bolchevique tivo unha gran influencia no proceso cultura e literario do século XX. A última onda de interese na literatura rusa asociouse coa caída da Unión Soviética, ainda que este decaeu pronto xa que o colapso do sistema non podía ser unha novidade eterna.
A literatura rusa actual está esquecendo o seu pasado e xa non busca só axustar contas co poder soviético para compracer ao lector occidental. Agora moitos autores intentan crear obras centradas na súa propia percepción da realidade a través de propostas radicais que desvelan os seus intereses particulares desde unha visión crítica, valente e artística.
O obradoiro permitiranos analizar a obra de escritores de distintas xeracións e examinar as representacións que fan da súa contorna.
A ficha de inscrición pode descargarse a través do enlace seguinte: